Typeplace e TypeWar, para amantes das tipos

En TamTam nos encanta a tipografia. E non somos os únicos. Xa que cada día son máis os amantes do arte da creación de letras. E por iso que non hai moito creouse Typeplace, unha curiosa aplicación para iPhone desenvolvida polo coletivo irlandés Killbot. A app é un mapa que permite localizar, etiquetar e subir mostras de tipografía de rúa que calquera usuario considere digna de compartir. Unha app máis para todos aqueles amantes das tipos. Pero só se tes iPhone…

Sigue leyendo

Etiquetado

Little Printer, máis que unha impresora

Un longo camiño separa este novo obxecto daquel que inventara Guttemberg. E ambos, son se cabe, un perfecto reflexo do mundo no que vivemos. Se até agora coñeciamos as máquinas tipográficas, as impresoras de tinta, de láser e as de inxección, hoxe temos de engadir un novo aparello a nosa estantería. Little Printer é unha nova, pequena e preciosa impresora para poder ler en papel aquilo que todos os días acostumamos a ler no móbil. Encántame dende a primeira vez que a vin, hai xa uns meses.

Sigue leyendo

Etiquetado

O márketing «emotivo» de Nike


«Por algunha razón, crese que a grandeza está reservada para uns poucos, para as superestrelas. En realidade, é para todos. Non se trata de rebaixar expectativas, trátase de elevar o que se espera de cada un de nós. Porque a grandeza non está nun único lugar, nin nunha única persoa. A grandeza está onde haxa alguén tentando atopala»

Con motivo das Olimpíadas, Nike lanzaba unha nova campaña, que recolle o espírito e ao mesmo tempo complementa toda a acción de mercadotecnia iniciada con NikeFuel e Nike+ (das que xa falamos neste blog).

Sigue leyendo

Etiquetado

Familia Plómez, uns tipos duros

A Familia Plómez é unha asociación cultural formada por antigos alumnos e profesores dun curso de deseño de tipografía, organizado por Uns Tipos Duros e o Instituto Europeo do Design, que dedican os seus esforzos a fomentar todo o relacionado coa impresión tipográfica (en inglés letterpress) e coa letra en xeral.

Sigue leyendo

Etiquetado

Señalética para a Biblioteca Municipal de Tui

Recentemente estivemos a traballar nun proxecto de señalética para a Biblioteca Municipal de Tui. En cores pasteis e cunha tipografía en consonacia co seu logotipo resultaron estas novas banderiñas para indicar os novos espazos da librería municipal.

Sigue leyendo

Etiquetado , ,

Instagram na nosa empresa

A día de hoxe todos, ou case todos, coñecemos Instagram, esa aplicación móbil dispoñible para Iphones e Androids que nos últimos tempos construiu unha enorme rede social arredor da fotografía instantánea. Máis aló dos seus recoñecibles filtros e cores, que encheron a rede de imaxes de tons pastel e estilo vintage, Instagram converteuse na rede social «dos momentos fotográficos» por excelencia. En apenas 20 meses de vida logrou cativar a 80 millóns de usuarios, segundo os últimos datos facilitados pola compañía, podendo bater unha marca histórica se chegase aos 100 millóns en outubro, xa que se convertería na primeira rede social en conseguir esta ansiada cifra en menos de dous anos, superando a marca de Facebook, que necesitou algo máis de 24 meses, ou Twitter, á que lle custou 4 anos conseguir esa inmesa cantidade de adeptos. E é que desde que chegou ao sistema operativo de Google, fai tan só tres meses, logrou incrementar o seu número de usuarios en 60 millóns.

Sigue leyendo

Etiquetado

Xogos Olímpicos 2.0

Se os Xogos Olímpicos de Berlín 1936 pasaban á historia, entre outros motivos menos afortunados, por ser os primeiros xogos televisados da historia e os de Atlanta 96, pouco máis de medio século despois, por ser os primeiros de Internet, os de Londres lembraranse como as Olimpíadas Sociais, unha etiqueta inevitable ante o xigantesco impacto que se espera que estas teñan na rede.

Sigue leyendo

Etiquetado

O noso primeiro spot

Por se aínda non tendes claro a que nos adicamos, aquí vos deixamos o noso primeiro spot. Sigue leyendo

Escribir coa luz

A axencia Serviplan creou o primeiro informe anual para a Austria Solar Trade Asocciation que só pode ser lido coa luz do sol. Se observamos o libro sen luz parece un informe en blanco, que transfórmase á cor cando é exposto baixo o sol. O seu director creativo, Cosimo Möller explicaba así a súa orixinal proposta, que leva xa unha morea de premios, entre eles o prestixioso Lions Cannes Awards. «A enerxía solar era o negocio do noso cliente.Pensamos en que poderíamos poñer esta enerxía no papel. O resultado é o primeiro libro que só pode ser lido coa luz solar. O seu contido é invisible até que os raios do sol caen sobre as súas páxinas», escribía o director da axencia. Aquí vos deixamos un vídeo que amosa que é real.

Sigue leyendo

Etiquetado

Chega o verán: La Sardina Beach Edition

Agora que chegou o verán, Lomo reinventa su camaleónica La Sardina cunha edición especial, La Sardina Beach Edition, inspirada nas míticas praias de St. Tropez. A cámara analóxica volve a estar á moda e nunca foi tan bonita.

Sigue leyendo

Etiquetado