Busco Traballo, nova campaña de TamTam

Busco Traballo é unha campaña desenvolvida por TamTam Multimedia como parte da súa Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de promoción do emprego entre os moz@s galeg@s. Para ela creamos un sitio web con microsites personalizados e rodamos o primeiro spot promocional co obxectivo de dar a coñecer esta nova iniciativa. A idea de crer un video xordiu pola alta viralidade que teñen as imaxes nas redes sociais. Dar a posibilidade de obter novas formas de promoción aos máis nov@s durante a súa búsqueda de emprego así como  ofrecer a posibilidade de crear unha pequena páxina web de presentación individualiza cremos que pode ter un resultado positivo na súa procura. Ademáis, ofrecemos os nosos servizos como axencia multimedia  para a xestión de publicidade en medios online e locais.

Sigue leyendo

Outono Cultural en Tui

Vos deixamos aquí un anaco do noso proxecto máis recente, unha serie de flyers e cartaces para a Concellería de Cultura do Concello de Tui, promocionando o seu Outono cultural. Esperamos que vos guste.

Sigue leyendo

Etiquetado ,

Back to the start, gañadora dos Cannes Lions Awards

Os Cannes Lions Awards son uns dos premios máis prestixiosos que se conceden no mundo da publicidade en todos os formatos. O gran premio do ano 2012 foi para esta campaña desenvolvida pola axencia californiana Creative Artists Agency Los Angeles. Chiplote, unha compañía mexicana famosa polos seus burritos encargou este video, Back to the start, que reivindica a súa maneira de facer comida rápida. Ecoloxicamente responsable. Porque o termo fast food non ten que ir reñido co de organic food. Ou eso din eles. Os bonequiños son ben bonitos.

Sigue leyendo

Etiquetado ,

Lomography, proxecto web

Aquí compartimos un traballo que ocupou as nosas horas hai xa un tempo. O proxecto era deseñar e desenvolver unha páxina web para a popular empresa de cámaras análoxicas Lomography. Ademáis de deseñar a nosa propia camara fixemos tamén esta bonita web.

Sigue leyendo

Etiquetado

Homeless Polar Bear, Greenpeace

Enmarcada dentro da campaña Save the Artic, que Greenpeace ven desenvolvendo durante todo o 2012 e alertando sobre o quecemento global e as fatídicas consecuencias do derretemento dos polos, compartimos aquí esta vídeo, Homeless Polar Bear, realizado pola axencia finlandesa EuroRSCG con música de Radiohead e a voz de Jude Law.

Sigue leyendo

Etiquetado , ,

Tudensia, blog de divulgación cultural.

Esté é o noso último proxecto. O deseño e desenvolvemento web realizado para Tudensia, un blog de divulgación histórica e cultural de Tui.

Sigue leyendo

Etiquetado , ,

Sport doesn’t care who you are

Hoxe comezan os Xogos Paralímpicos de Londres 2012, e Samsung como orgulloso colaborador do evento, estreaba esta semana un spot como parte dunha iniciativa viral levada a cabo pola axencia Cheil, habitual colaboradora da marca coreana. Nun alegato moi similar ao desenvolvido por Nike na súa última campaña, e seguindo co espirito tantas veces alabado de esforzo e sacrificio dos atletas déixovos aquí este video. Sigue leyendo

Etiquetado

Instaprint, tus Instagrams en papel

A popularidade de Instagram é innegable. Máis alá de convertir en fotográfos a máis da metade da poboación mundial, coas consecuencias negativas e positivas que isto conleva, esta aplicación deixa as veces preciosas fotografías.Tan bonitas que ata dan ganas de imprimilas. E iso é o que pensou o equipo de Instaprint, que desenvolveu unha pequena impresora, que funciona sincronizada a nosa aplicación e que imprime dun xeito moi similar as antigas polaroid. Basta configurar a impresora de acordo a nosa ubicación ou hashtag para que calquera foto de Instagrama que teña sido etiquetada segundo a configuración imprímase automáticamente. O proxecto busca financiamento en Kickstarter.De todos os xeitos a mini impresora xa se pode reservar na súa web oficial ou alugar por 5000 $ diarios. Esperamos que o prezo final do invento sexa algo máis barato.

Sigue leyendo

Etiquetado

Reflections de Tom Hussey

Incrible o último traballo de Tom Hussley. Porque incrible é todo o que toca este fotográfo, especializado en imaxe publicitaria e residente en Dallas, Texas. Aquí deixamos unha mostra da súa última campaña realizada para Niovarti’s Exelon Patch, un medicamento usado na enfermedade do Alzheimer. Excelentes fotografías da xente e os seus reflexos redescobrendo as súas vidas.

Sigue leyendo

Etiquetado ,

The real cook book

Korefe, unha empresa de deseño alemán, creou un libro de cociña que podes ler, cociñar e comer. The real cook book é o primeiro manual de instruccións comestible para facer unha clásica lasaña. Primeiro, temos de ler cada páxina inscrita na pasta fresca da guía e lembar todos e cada uns dos pasos necesarios para facer o prato. Despois,  cada folla informativa cociñase no forno como unha lasaña caseira elaborada cos ingredientes de recheo que complementan a base do texto cuberto. Unha vez feita, so temos que disfrutala. Un novo xeito de facer libros, más que laureado neste ano 2012, pero que aínda non se comercializa. Haberá que esperar para probalo.

Sigue leyendo

Etiquetado